Presentación de monicreques na ix feira da illa de samertolameu. Meira, Moaña.

image

O domingo 12 de maio ás 12:00h. fago unha lectura de monicreques no Furancho Pancho, no entorno da illa de samertolameu, dentro da programación literaria da IX Feira da illa que organiza Meiramar Axóuxeres. Unha presentación para tomar un viño e continuar coa festa na illa. Poet@s aqueles que queirades vir e ler comigo fragmentos de monicreques, e continuar co festa, eu poño o viño no vermú. Avisade para saber quenes queres participar. edarvos textos que ler. Pola tarde ás 19:00h. teredes unha contenda poética para aqueles que desexedes ler os vosos textos, con premios e demais. https://www.facebook.com/events/567651809932804/ Unha aperta!!!

image

Publicado en novas., presentacións. | Deixar un comentario

Taboleiro do libro galego do 1 ao 13 de abril.

image

Seguimos monicrecando nas librarías…. monicreques xunto con Breizh, de Miro Villar e Carnia haikai, de Elvira Riveiro ( Naia Oubel )os mais vendidos nas librarías galegas.
http://cadernodacritica.blogaliza.org/2013/04/13/taboleiro-do-libro-galego-vii-do-1-ao-13-de-abril/

Publicado en novas. | Deixar un comentario

Presentación en Noia. Casa da cultura de Noia. 12/04/2013.

image

Queda unha semana para a presentación de monicreques. en Noia. Da man deRamón Blanco Fernández, imos a cambiar de ría pero no mesmo océano. Hai moitas marés entre as nosas rías, mais tamén hai moita salitre que nos empapa. Os monicreques están buscando a casa de cultura de Noia, para cando cheguemos alá non perdernos. Unha sorte de acompañantes.
image

Publicado en presentacións. | Deixar un comentario

Presentación en Pontevedra. Libararía Paz. 11/04/2013.

image

O próximo xoves, estaremos en Pontevedra, na Libraria Paz presentando monicreques. Estarei acompañado por Lucía Novas Garrido quen falará comigo do libro e remataremos lendo a dúas voces unha escolla dos poemas do libro. Os monicreques xa se pasaron pola libraría e estiveron falando co magnífico debuxo de Kiko da Silva , convencéndoo de que se pase o xoves pola libraría. Penso que as conversas animadas remataron ben. 
image

Publicado en presentacións. | Deixar un comentario

Presentación en redondela de monicreques. o 13 de abril. En theatrum. mostra itinerante.

image

Queda case unha semana para Theatrum. a mostra itinerante que se celebra en Redondela, o 12, 13 e 14 de abril, no Auditorio Multiusos. Diferentes compañías,Pinga teatro, Triatreros Grupo de Teatro …. e coa compaña de moitos amigos, Maria Carrera, Miquel,Fran Paredes, David Novas, e moitos outros…. para esta presentación entre obras a xeito de entremés, os monicreques seguen deconstruíndo as vilas polas que pasan. A presentación é aberta para todos aqueles que queirades ir ao teatro.

Publicado en novas., presentacións. | Deixar un comentario

Taboleiro do libro galego. Do 16 ao 31 de marzo.

image

Acaba de saír o novo taboleiro do libro galego do 16 ao 31 de marzo, que amosa os libros máis vendidos en diferentes categorías, en diferentes librarías do noso país. Os monicreques seguen entre os máis vendidos, acompañado polo Breizh, de Miro Villar e  Carnia haikai, de Elvira Riveiro asi como Cantares gallegos, de Rosalía de Castro edición de El Patito Editorial. Estar tan ben acompañado nunha listaxe destas características é un privilexio.
http://cadernodacritica.blogaliza.org/2013/04/01/taboleiro-do-libro-galego-vi-do-16-ao-31-de-marzo/

Publicado en novas. | Deixar un comentario

Presentación en Redondela coa mostra itinerante Theatrum. O sábado 13 de abril.

image

Nova presentación de monicreques nun marco sen igual. Volven os entremeses ao teatro, presentamos os monicreques o sábado 13 de abril en Redondela nunha mostra itinerante de teatro, penso que nunca tan ben se sentiron. Están na súa salsa. Se ides ao teatro polo mesmo prezo podedes escoitar os monicreques e coñecer o libro, esperámosvos. 

Publicado en presentacións. | Deixar un comentario

Presentacións de monicreques. en Pontevedra e Noia.

image

Pontevedra. Xoves 11 e abril.
Os monicreques están emocionados coas novas presentación e puxéronse a debuxar a cidade de pontevedra por anacos coma se a cidade fose un poema. 

image

Noia. Venres 12 de abril.
Con esta chuvia os monicreques seguen na casa facendo debuxos das vilas que imos visitar nas presentacións do libro. Este debuxo é de Noia, onde xunto con Ramón Blanco Fernándezo venres 12 de abril ás 20:30h. estaremos na Casa da Cultura de Noia. Remataremos cunha lectura conxunta do poemario. 

Publicado en presentacións. | Deixar un comentario

Presentación de monicreques. Casa da Cultura de Noia. 12/04/2013.

image

Teño aos monicreques axitados, están pechando presentacións para despois de semana santa. O venres 12 de abril ás 20:30h. na casa da Cultura de Noia, acompañado polo poeta e amigoRamón Blanco . Presentaremos o libro, falaremos dos monicreques, dos marotes, dos personaxes que protagonizan os poemas, que aman, beben, discuten e habitan as páxinas do poemario. Remataremos cunha lectura a dúas voces dunha selección dos poemas. Seguro que non remata aquí, están aproveitando estes días para pechar proxectos, xa avisaremos. O virus esténdese polas terras de Outes, Noia…. tede coidado!!!!!

Publicado en presentacións. | Deixar un comentario

Presentación monicreques na Libraría Paz, Pontevedra.

image

Comezamos unha semana de festas, e os monicreques están argallando presentacións e diferentes actividades. Para o día 11 de abril, estaremos na Libraria Paz ás 20:00h. presentando o libro. Desta volta estarei acompañado pola amiga, veciña do Morrazo e poeta Lucía Novas Garrido. Falaremos destes monicreques, da verticalidade e horizontalidade dos poemas, das voltas, dos monigotes, marotes, sombras chinesas…. e por suposto un recitado dos poemas a dúas voces. Anotádeo nas vosas axendas. E coidado, o virus dos monicreques expándese polo Lérez.

Publicado en presentacións. | Deixar un comentario