Crítica de Román Raña no FARO DA CULTURA

MILAGRE CREADOR
Por detrás da máscara.

image

Monicreques de Xosé Daniel Costas, gañador do premio Caixanova de Poesía, é un libro sen parentescos. Ante todo pola súa orixinalísima estrutura. Oito personaxes fala desde a escrita. Cada marioneta ten fíos que alguén manipula desde a invisibilidade. Por iso os bonecos obedecen as ordes do creador, os títeres din as palabras que en realidade emite o artista, os fantoches acenan cos xestos que decerto está facendo o manipulador, o monifate móvese coa ánima do animador, que lle confire o seu hálito vital ( como non lembrar o Pinoquio de Carlo Collodi?).
Ese minúsculo tetaro é unha metáfora do acto creativo, o de doar vida  á materia inanimada (madeira, trapo), o de tecer unha historia onde hai vacío dela (a inanición), o de enfriar palabras onde tan só existe silencio. E nese milagre creador descubrimos a personaxe  que é consciente de que a é  (Niebla de Unamuno, os heterónimos de Pessoa, as personaxes de PPirandello, a muller de Solaris, a replicante de Blade Runer). Esa consciencia provoca melancolía e furor, fainos vivir no mundo das ilusións rotas. Detrás da máscara achamos o xigantesco sufrimento de personaxes que son persoas: Luís Seoane, Frida Khalo e Diego Rivera. Todo isto expresado cun poderosísimo lirismo.

About monicreques2011

Libro de poesía gañador da X edición do premio de poesía NGB.
Esta entrada foi publicada en críticas.. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s