monicreques. critica de Ramón Nicolás no caderna da crítica.

image

monicreques., de Xosé Daniel Costas

Xosé Daniel Costas

monicreques.

Centro PEN Galicia, colecc. Arte de Trobar, Compostela, 2012, 112 páxinas, 14,70 €
http://cadernodacritica.blogaliza.org/2012/12/01/monicreques-de-xose-daniel-costas/

No ano 1974 Dora e mais Pura Vázquez tiraban do prelo da editorial La Región un volume titulado Monicreques(en maiúscula e sen punto final) no que se recollían tres pezas teatrais dun acto e acomodadas a un único decorado para facilitar a súa escenificación. Ningún título, nin sequera este homónimo (iso si, en minúscula e con punto) de Xosé Daniel Costas que agora me ocupa, galardoado co X premio de poesía Novacaixagalicia2011, merece ser comparado con outro mais o certo é que median case corenta anos entre un e outro e ambos os dous ben poden resultar pedras basilares nas que se apoiar para pensar nas modificacións que se operaron no mundo da edición de noso, na rixidez ou lasitude na conceptuación dos xéneros, nas actitudes e  perspectivas autoriais…, pero isto sería fariña doutra muiñada na que agora non cómpre entrar.

Si é preciso, porén, falar deste monicreques. de Costas, autor de quen xa coñecía algún título poético anterior e mais a actividade, intensa, que desenvolveu e desenvolve no grupo poético chamado «poetas da hostia«. Paréceme que con este libro o xurado optou por unha decisión sen dúbida arriscada mais, probablemente, moi acertada pois o galardón contribúe, alén de dar a coñecer o poemario -algo relevante nestes tempos menesterosos-, a ir  situando no centro o que, talvez, por alguén puidese ser considerado periferia.

image

Afirmo isto porque este monicreques está revestido dunha tonalidade diferente, extrema, intensa, certamente orixinal, un chisco lúdica, anticonvencional…, un espírito ben presente xa na concepción aberta e fronteiriza do poemario, porque é un poemario pero tan abeirado á estrutura dramática que consegue situarse nunha interesección xenénrica suxestiva e, abofé, ben rendible para a lectura, mais tamén para a transmisión oral destes textos, elemento que se deseña como axial na procura de respostas, directas, espontáneas, que os poemas demandan.

monicreques, así pois, aliméntase xustamente diso, de figuras movidas a través de fíos invisibles, por alguén que non se ve aínda que loxicamente se intúe, alentando uns personaxes que se presentan inicialmente -maría e miguel, frida e diego, eugenia, luís, anne…- e que axiña entran nun xogo escénico, ben cun diálogo, ben cun monólogo (poético-dramático), dando vida á súa propia vida, ou a unha vida emprestada: un argumento que, segundo as ocasións, vai beireando polas dimensións do sentimento, do amor e do sexo, da arte e da litertura, da propia vida…, mundos expostos sempre cunha sorprendente economía de medios.

Prestoume a lectura deste monicreques polo que encerra de novidoso, pola aposta implícita de harmonizar teatro e poesía, pola forza que se desprenden dos seus versos. Parabéns ao seu autor.

About monicreques2011

Libro de poesía gañador da X edición do premio de poesía NGB.
Esta entrada foi publicada en críticas.. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s