Poeteatro. Crítica de Armando Requeixo no seu blog criticalia.

Poeteatro.
http://armandorequeixo.blogaliza.org/2012/12/21/poeteatro/

ImaxeXosé Daniel Costas (Moaña, 1981) últimamente conta os anos por premios: no 2008 a Mención de Honra no GZCrea por “Revoluciona(me)”; no 2009 o Eusebio Lorenzo Baleirón por Conservas; no 2010 e 2011 accésits ao Premio de Poesía da UVI por “Le petit canteiro” e “Marés de xiz”; e tamén no 2011 un terzo posto no Premio Xosé Díaz Jácome e o Novacaixagalicia por Monicreques, aínda editado no ano que andamos a rematar, poemario este verbo do que me interesa agora escribir unhas palabras.
O trazo estrutural máis definitorio desta escrita atópase na súa natural mestizaxe xenérica, pois Monicreques non é senón un poema escénico no que señorea o diálogo, as disdascalias e os capítulos-acto. Deste xeito, descóbrense nos seus versos monifates, siluetas chinesas, marionetas, marotes e todo tipo de monicreques que, como se da proxección deforme dos múltiples espellos dun calidoscopio se tratase, reflicten un cosmos dramático, por veces tráxico, que abala entre o puramente ficcional e o protagónico histórico.
Frida Khalo e Diego Rivera, Luís Seoane, Anne Sexton ou Manuel María son outros tantos actores principais deste xoguete escénico adobiado de citas literarias, musicais e plásticas onde a retroalimentación multiartística é patente.
A sintagmática eléctrica, sensorializada e moi sonora de Costas non fai concesións ás convencións e tensa o período ata fragmentalo en cascotes de sentido neosurreal e case visionario, un océano plasmático no que ferve a memoria, a soidade e o desconcerto.
Monicreques de Xosé Daniel Costas é unha viaxe tras das bambalinas, aos profundos das tremoias da escrita en parlamentos tantas veces metapoéticos e metateatrais, unha nora xigante de monigotes nunha improbable República de Weimar-Elsinor ás portas do desastre, loucura da que herdamos a velenosa espiral.

About monicreques2011

Libro de poesía gañador da X edición do premio de poesía NGB.
Esta entrada foi publicada en críticas.. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s