Este venres 08 presentamos monicreques. en Bueu. Ás 20:00h na sala Amalia Domínguez Búa, da man de Librería Miranda Bueu, estarei eu acompañado por Lucía Novas Garrido e Manuel Antón Mosteiro García.
Unha escena do libro ten á paisaxe da illa de Ons como protagonista e o monigote de luva que exerce de anfitriona da mesma é unha tal m. eugenia. Curiosamente unha muller chamada María Eugenia Bolívar Sequeiros, matrona (parteira) desempregou o seu oficio na vila de Bueu e na illa de Ons, dende o ano 1957 até o 1977. Todo canto aparece que poida semella a realidade non é tal, todo canto aqui se escribe é farsa, ou NON. Que diferencia a realidade da ficción? Quen vive no libro, o monicreque ou o pesonaxe? Anímovos a que vos mergulledes nesta visita poética ás illas e ao universo caleidoscópico do libro.
-
Artigos recentes
- Presentación de monicreques na ix feira da illa de samertolameu. Meira, Moaña.
- Taboleiro do libro galego do 1 ao 13 de abril.
- Presentación en Noia. Casa da cultura de Noia. 12/04/2013.
- Presentación en Pontevedra. Libararía Paz. 11/04/2013.
- Presentación en redondela de monicreques. o 13 de abril. En theatrum. mostra itinerante.
Arquivo
Categorías
Meta