Coa resaca literaria de Compostela, preséntovos a miña próxima presentación de monicreques., nesta ocasión máis próxima á casa, en Cangas. O venres 15 de marzo ás 20:30h. na Librería Maraxe, onde acompañado de Laura Blanco Casás, colaboradora da blogue de información do Morrazo Xeado de Toxo, imos facer unha presentación máis próxima e reflexiva, os poemas poderemos masticalos e saborealos. Laura Blanco encargarase de adentrarnos no poemario e eu recitarei pasaxes do libro dunha escolla persoal dos monicreques. Partimos dunha máxima, prometemos deixarvos con ganas de máis, imos a ofrecervos un espectáculo, non unha tese doutoral sobre poesía nin literatura. Por certo o contaxio continúa, todos os que se achegan ao universo dos monicreques rematan monicrecados, coidado co virus que se espalla.Déixovos o enlace da crítica que a propia Laura fixo sobre o libro na blogue Xeado de Toxo. https://monicreques2011.wordpress.com/2013/02/05/un-xoguete-do-exhibicionista-poetico-de-xose-daniel-costas-curras-na-paxina-xeado-de-toxo-laura-blanco/
-
Artigos recentes
- Presentación de monicreques na ix feira da illa de samertolameu. Meira, Moaña.
- Taboleiro do libro galego do 1 ao 13 de abril.
- Presentación en Noia. Casa da cultura de Noia. 12/04/2013.
- Presentación en Pontevedra. Libararía Paz. 11/04/2013.
- Presentación en redondela de monicreques. o 13 de abril. En theatrum. mostra itinerante.
Arquivo
Categorías
Meta