monicreques. no II taboleiro do libro galego da blogue caderna do crítica de Ramón Nicolás.

image

http://cadernodacritica.blogaliza.org/2013/02/02/taboleiro-do-libro-galego-ii/
Unha sorte contar con Ramón Nicolás, crítico galego que na súa blogue, grazas á colaboración dunha morea de librarías de todo o país, acaba de sacar o segundo taboleiro do libro galego, onde aparecen en postos os libros máis vendidos da semana, en diferentes categorías. A partir desta semana pasará a ser un taboleiro quincenal, para medir mellor o fluxo e a evolución.
Non é un reflexo fiel, é unha aproximación ao panorama literario galego, sabemos que a venda de exemplares é mais complexa, pero é un traballo interesantísimo, que en canto se sumen máis librarías, mellor e máis real será. Unha sorte contar con tanto esforzo e calidade de Ramón Nicolás. 
Isto ven a que monicreques. como a semana pasada sigue nese segundo posto de máis vendidos en poesía, detrás do libro Emily on the road de Ramón Blanco e acompañado por Breizh de Miro Villar, o meu primeiro Celso Emilio e Esplendor Arcano de Ramiro Torres. Unha fantástica tabla de poesía desta semana, un pracer estar tan ben acompañado.

Publicado en novas. | Deixar un comentario

Presentación en Bueu. 08/02/2013.

image

Recén chegado de Arteixo da presentación de monicreques., atópome con este escaparate da Librería Miranda Bueu, con motivo da presentación que tivo lugar hoxe en Bueu (Teresa Moure Pereiro, con Queer-emos un mundo novo.) e a presentación de monicreques. que terá lugar a próxima semana.
Venres 8 de febreiro ás 20:00h. na sala Amalia Domínguez Búa. Estarei acompañado por dous amigos de verdade, dous veciños de Bueu que levan moitísimos anos no tedido cultural e social de Bueu e da comarca que nos une, O Morrazo. Lucía Novas Garrido e Manuel Antón Mosteiro García. E por suposto o libreiro que nos convoca, Fernando Miranda Estévez, que comeza a ter síntomas de monicrecado avanzado. Deixádevos infectar polo trapo!! 

Publicado en presentacións. | Deixar un comentario

Presentación en Arteixo. 31/01/2013.

image

Saída: Moaña.
Chegada: Arteixo. Libraría Alusdocandil.
20:30h. Presentación do libro de poesía, monicreques.

Se andades pola zona, se queredes compartir un anaco de poesía destes monicreques., alí estaremos. Ofrecendo este teatro en Weimar, esta Declaración Universal da Rendición de Todo Ser Humano, este anaco de conversas e imaxes que non son tal. Tede coidado, todo é MENTIRA. ou NON.

Publicado en presentacións. | Deixar un comentario

Entrada sacada da páxina de facebook da Libraría Á lus do candil.

image

28/01/2013
Á lus do candil.
Hoxe luns imos recomendar a lectura dun poemario espléndido, absolutamente renovador e novidoso. Trátase de “Monicreques”, de Xosé Daniel Costas, obra gañadora do X Premio de Poesía Caixanova.Millán Otero, no limiar deste libro, escribe o seguinte: “Ergue o telón no gran teatro de Weimar e cara á boca do escenario avanza un xigante cos brazos en alto e as mans en puño (…)” Ata aquí podemos ler.

Reflexión da Libraría Á Lus do Candil.
Falabamos estes días da feliz iniciativa ideada por Ramón Nicolás Rodríguez, “Taboleiro do libro galego”, unha especie de “enquisa” realizada conxuntamente con doce librarías galegas coa finalidade de recoller cada semana os libros máis vendidos na nosa lingua. Son varios os xéneros que abrangue este singular proxecto (narrativa, poesía, ensaio, teatro, LIX, Banda Deseñada) e, xa que logo, a responsabilidade que nós coma libreiros temos á hora de pulsar a situación do noso sistema literario, non é cativa.Sen entrar a fondo nos distintos xéneros, os primeiros datos intercambiados polas librarías participantes no “Taboleiro do libro galego” dictaminaron que o poemario “Monicreques”, de Xosé Daniel Costas Currás, foi o segundo máis vendido en poesía esta pasada semana. Un síntoma claro da enorme calidade desta obra gañadora do X Premio de Poesía Caixanova. O xoves 31, ás 20:30 horas, presentarémolo n’A lus do candil.”Monicreques”. Xosé Daniel Costas CurrásEdita: P.E.N Clube de Galicia. PVP: 14, 70 €
image

29/01/2013
Modesto Fraga Moure
Inmerso na lectura de “Monicreques”, de Xosé Daniel Costas Currás, libro gañador da X edición do premio de poesía Caixanova. “Ergue o telón no gran teatro de Weimar….” (X.M. Millán Otero) “Queremos traballar, non emigrar..!” (berros dos asistentes á sesión do Parlamento galego, hoxe martes) “Suspendemos a sesión plenaria ata novo aviso” (Pilar Rojo, presidenta do Parlamento de Galicia). Teatro da vida.

30/01/2013
image

Modesto Fraga.
Mañá xoves é o día da presentación de “Monicreques”, obra poética?, teatral?, parodia?, comedia? da autoría de Xosé Daniel Costas Currás, galardoada co X premio de poesía Caixanova.A partir das 20:30 horas os/as asistentes á presentación teremos ocasión de comprobar, de primeira man, se quen nos fala son os monicreques, o poeta, a rebeldía da linguaxe literaria ou a nosa propia conciencia. Todo iso na libraría “Á lus do candil”, de Arteixo.Entrada libre.[Os monicreques da fotografía son unha creación deMelandrainas Creativa Teatro-animación]

Publicado en novas., presentacións. | Deixar un comentario

Presentación en Bueu. 08/02/2013.

image

Nova presentación de monicreques. desta volta preto da casa, organizado polaLibrería Miranda Bueu, imos presentar o venres 8 de febreiro ás 20:00h. na sala Domínguez Búa, acompañado por Lucía Novas Garrido e Manuel Antón Mosteiro García. Con ganas de compartir con eles e coa xente de Bueu ese día. O contaxio dos monicreques volven ás terras do Morrazo. Bueu, importante estación onde pararnos, xa que o libro estancia unha das súas escenas no corazón atlántico da Illa de Ons, viaxando na pel dunha muller ligada para sempre á vila. Xa vos teremos informados. 

Publicado en presentacións. | Deixar un comentario

Taboleiro do libro galego. Caderno da crírica de Ramón Nicolás.

Nestes días estamos argallando a presentación de monicreques na libraría Á lus do candil de Arteixo, se andas pola zona, xa sabes, xoves 31 de xaneiro ás 20:30 na Libraría Alusdocandilacompañado por Modesto Fraga Moure.
Eu xa mandei a dousmonicreques para alá sen avisar a Modesto, andan co taboleiro do libro galego que acaba de publicar Ramón Nicolás Rodríguez no seu blog cadermo da crítica, onde amosa os libros máis vendidos do libro galego nunha mostra de doce librarías de toda Galiza.
http://cadernodacritica.blogaliza.org/2013/01/26/taboleiro-do-libro-galego-i/ 
monicreques como segundo máis vendido na categoría de poesía, perfectamente acompañado por Emily on the road de Ramón Blanco Fernández, inflamable de Samuel L. París, Breizh de Miro Villar e Fase de trema de Lorena Souto.

image

Parabéns para autores, libreiros e para Ramón Nicolás pola súa dedicación no blog e pola nova sección. 

Publicado en novas., presentacións. | Deixar un comentario

Teatro de ilusións. Aportación a xeito de artigo de Paz Raña en Praza.com

Así comezou a presentación de Paz Raña no Café de Catro a Catro, do meu libro monicreques.
http://praza.com/opinion/818/teatro-de-ilusions/

Teatro de ilusións

Que pasa cando un home atravesa o seu propio portal? Na película Como ser John Malkovich, un titiriteiro desenganado traballa de arquiveiro no andar 7 e medio nun edificio de Manhattan. Alí encontra un pasadizo que lle permite penetrar na pel do outro, ver o que o outro ve e sentir o que o outro sente, consciente da súa condición anfibia.
Nesta ficción, ao cabo de quince minutos de estadía na contradición de saberse el, o protagonista volve á realidade caendo nunha gabia preto da autopista de peaxe indo para Nova Jersey. Volver á realidade é unha sorte de retorno á tensión que regula a súa vida: o río do revés, lágrimas máis lágrimas e seis dedos para manexar marionetas.

image

Nas representacións dos titiriteiros, sexan estas ao aire libre, nos corrais ou nos mesóns, hai sempre unha presencia básica, a man experimentada do manipulador que sabe de armar espectáculos, mesmo sen monicrequeques entre bastidores.
Ocorre que, ás veces, o manipulador xoga a outorgar poder ao boneco facéndolle crer, nunha especie de entretemento de non compromiso, que é dono do seu destino. Puro teatro! Son os dedos colocados en distintas posicións (polgar-corazón, polgar-anular…) e os movementos que isto xera, os que acaban determinando a inocencia da princesa, o ritual de loita e morte do dragón ou, tamén, o desprazamento que se expande por debaixo do escenario.
En paralelo, no paralelo de todos, dende o cume da fantasía, o espectador pode supor que está de certo implicado no argumento e, con alento pueril, reivindique a súa complicidade, e berre, estremézase ou, sinxelamente… chore.
Bendito debate de aparencias, onde non hai sometemento a votacións. Acontece o que o narrador di o que ten que acontecer. Os imprevistos acaen multiplicados porque hai unha invitación ao mergullo na ficción. Existe a posibilidade de que o autor sexa só unha sinatura. Eu, non sabería que responder.
No vasto abano de titiritadas: sombras, fantoches, siluetas… hai un monicreque favorito que ten esencia de madeira de tilo, chapeu feito con papel e miga de pan. Foi tecido con agarimo pola man avellentada do autor, quen vendeu a chaqueta de pana para lle comprar o silabario, no desexo de perdurar e prevalecer. O monicreque vive nos camiños e susténtase coa inseguridade das cousas. Ten un accesorio elemental que medra coa mentira, pero dá igual porque foi construído para aceptar a palabra: coñecer. E… aí vai! Con ollos que non lle chegan para apreixar o mundo, paseando entre tentacións de raposos e gatos, coa protección sen límite que lle dá o amor do pai. Ten a mirada posta no arredor. Como puidemos pensar que é materia inanimada?
O títere cruzou a fronteira da imitación. A teoría de cordas revela que a gravidade que o ata ao mundo ten a forma e a forza dun lazo prometedoramente familiar. É humano.

Publicado en críticas. | Deixar un comentario

Presentación en Arteixo. Na Libraría Á lus do candil. 31/01/2013.

image

O xoves 31 de xaneiro ás 20:30h. estaremos na libraría Á lus do candil (Arteixo) presentando monicreques. Desta volta acompañado polo poeta e libreiro Modesto Fraga. Remataremos cun recital a dúas voces a xeito de teatro, unha experiencia coleidoscópica de diferentes cores.

Publicado en novas., presentacións. | Deixar un comentario

Presentación en Vigo. Café de Catro a Catro.17/101/2013.

“Pero vaiamos ao esencial:á poesía, á amizade, ao talento que hoxe nos convoca en De Catro A Catro. Ledicia.
Con cordas, con luz, compañía, vocábulos e imaxes. Xosé Daniel. Da República Independente do Morraso.
Vaiamos ao ámbito natural do títere… o teatro!
Temos aquí, connosco, a dous creadores excepcionais. Vannos indicar como se concerta a harmonía da palabra co movemento, a dicción precisa, a cabeza erguida.

image

Aprenderannos a regular a respiración, disciplinar o alento, modular a voz, musicalizar as palabras. Teñen, ambos, un sentido rítmico sabio.
Vannos transmitir pensamentos e sentimentos inmensos. Eles dous articulan como artistas verdadeiros.
Vaiamos, pois, á representación, ao xogo poético, ao monicreque como terapia.
Que se levante o pano! Velaí a maxia!”

image
image

Así rematou Paz Raña a súa presentación de hoxe no café de Catro a Catro, chamándonos ao teatro, á exortación poética como elemento de achegamento entre iguais.
Ledicia Costas, engrasou á perfección a mecánica da miña poesía, cun percorrido polas miñas loitas poéticas, cunha explicación que nin eu mesmo sería quen de saber de min, da miña escrita, só posíbel nalguén que coñece a poesía coma ela a coñece.
Despois finximos os versos coma mentireiros profesionais que descifran o futuro entre endecasílavos imperfectos e bicos de longas emocións. Despois sei que falamos e que cada un foi polo seu camiño até outra, porque este encontro fixo matria en nós. Apertas para quenes compartíchedes con nós esta tarde.
image

image

image

image

Publicado en presentacións. | Deixar un comentario

Os mellores do 2012. Mellor libro de poesia

http://www.fervenzasliterarias.com/index.php/component/content/article/131-os-mellores-do-2012-mellor-libro-poesia

image

Monicreques entre os mellores libros de poesía do ano, según os lectores de Fervenzas Literarias. Que gusto da, estar tan ben acompañado, Ledicia Costas, Rosa Enríquez, fermosos Atlas e xardíns poéticos. Tamén Ramón Blanco, Verónica Martinez Delgado, DanielSalgado,…. unha aperta a todos. Preparándome para ir as 19:00h. á presentación de monicreques no De Catro A Catro tamén maravillosamente acompañado por Paz Raña Lama e Ledicia Costas.

Publicado en novas., presentacións. | Deixar un comentario